praza.gal, 4 xulio 2019.
A recente oficialización da creba operada no Grupo Parlamentar de En Marea,
constitúe o certificado do punto final da experiencia unitaria iniciada no mes de Xullo de
2016 e supón o segundo gran proceso de división rexistrado, durante a presente
década, no seo do universo do nacionalismo e da esquerda. No ano 2012, os resultados
da Asemblea de Amio do BNG abriron unha secuencia de fragmentación na fronte
nacionalista que duraría até a primavera do 2016. Polo medio, a Alternativa Galega de
Esquerdas (AGE) -coalición entre Anova e EU para comparecer na cita electoral do outono
de 2012- tamén padeceu unha dinámica escisionista que chegou a fracturar o propio
grupo parlamentar.