Ramona  Barrio

Alguns indicadores que compre conecer
(Andaina) 

Cada vez mais, se están empregando indicadores que nos permiten observar diferencias entre distintos paises e entre homes e mulleres. Estou-me a referir a algúns dos que empregan as Nacións Unidas desde mediados dos anos 90. Ten a sua importancia coñece-los, saber como se calculan e polo tanto o que indican.

Nos informes do PNUD ( Plano das Nacións Unidas para o Desenvolvimento ) aparecen, entre outros o IDH, IDX e IPX.

            O IDH (Índice de Desenvolvimento Humano) é un índice composto que mide o promedio do progreso e que está baseado en tres dimensións básecas do desenvolvimento humano: unha vida longa e saudabel, coñecimentos e un nível de vida digno. O cálculo do IDH fai-se a partir dos dados da esperanza de vida, da taxa de alfabetización de adultos e do PIBpc.

Son tres os grupos de paises que se diferencian segundo o IDH, como podemos ver no seguinte cadro (ate 0,800 son considerados paises  co desenvolvimento humano alto, de 0,500 a 0,799 medio e con un valor menor paises de desenvolvimento humano baixo)

ÍNDICE DE DESENVOLVIMENTO HUMANO (IDH)
  Esp vida
PIB
IDH  
D. Humano alto   77,7  23.135 0,908D.
Humano medio 67,0  4.053 0,684D.
Humano baixo  49,4  1.186  0,440
Fonte: PNUD 2.003 (www.undp.org)

Algúns dos datos do informe PNUD 2.003, que nos permiten observar as fortes diferencias en canto ás oportunidades de levar unha vida sa e cumprida podemos ve-las no seguinte cadro:

Clasificación IDH   
Esp de vida
PIBpc
IDH
1.- Noruega  78,7 29.620 0,944 
7.- Estados Unidos 76,9 34.320 0,937
9.- Xapón  81,3 25.130 0,932 
17.- Francia 78,7    23.990 0,925
19.- España 79,1    20.150 0,918
23.-Portugal 75,9  18.150 0,896
65.- Brasil 67,8 7.360 0,777
91.- Túnez 72,5  6.390 0,740
97.- Ecuador 70,5  3.280 0,731
111.- Sudáfrica 50,9 11.290 0,684 
140.-Congo 48,5  970 0,502
145.- Zimbawe 35,4 2.280 0,496
Fonte: PNUD 2.003 (www.undp.org) 
 Os outros dous indicadores serven para poder comparar os dados de homes e mulleres nos distintos paises.

O IDX (Índice de Desenvolvimento de Xénero) é un índice composto que mide a desigualdade entre homes e mulleres nas tres dimensións básicas que compoñen o IDH, axustado para reflectir as desigualdades entre homes e mulleres. O dado pois indica as posibilidades das mulleres con respecto aos homes do mesmo pais. Nos paises do cadro anterior temos:

Clasificación segundo o IDH
IDX
1 Noruega 0,941
7 Estados Unidos 0,935
9 Xapón 0,926
17 Francia 0,923
19 España 0,912
23 Portugal 0,892
35 Polonia 0,839
65 Brasil 0,770
91 Túnez 0,727
97 Ecuador 0,716
111 Sudáfrica 0,678
140 Congo 0,496
145 Zimbawe 0,489
Fonte: Pnud 2003(www.undp.org) 
   

O terceiro indicador, que me parece importante coñecer é o IPX (Índice de Potenciación de Xénero). Tráta-se tamén dun índice composto que mide a desigualdade de xénero en tres dimensións básecas de potenciación: participación económica e poder de decisión, participación política e poder de decisión e control sobre os recursos económicos. A análise e interpretación dos dados do IPX serian necesarias para poder deseñar calquer política de xénero. No caso deste indicador podemos achegar-nos mais á nosa realidade e ver por exemplo as diferencias nos dados por comunidades autónomas dentro do estado español, ainda que comprobar a situación das galegas non nos goste, estamos de primeiras mais pola cola.                                                   

IPG por Comunidades autónomas
Ano   1999   
Baleares 0,6796
Madrid 0,6743
Com Valenciana 0,6519
País Vasco 0,6326
Castilla La  Mancha 0, 6305
La Rioja 0,6291
Cantabria 0,6210
Canarias 0,6183
Cataluña  0,6257
Navarra                    0,6151
Aragón                      0,6071
Asturias                  

0,6058

Castilla León  0,5958
Extremadura          

0,5805

Andalucía                

0,5702

Murcia 

0,5188

Galicia                       0,5035
Fonte: De Villota, P. Globalización a que precio. Icaria-Antrazt.2.001