elDiario.es-Galicia, 28 de julio de 2024.
Da lista Forbes e os salarios dos directivos ás cifras sobre inmigración ou aquelas outras referidas ao sector industrial: Galicia non é esa cousa extravagante e máis ou menos riquiña que moitos teñen na cabeza. A ubicuidade dos estereotipos fai moi díficil mostrar a rapidez e a profundidade das transformacións que está vivindo.
Segundo a última lista Forbes, os españois cos petos máis podentes teñen un patrimonio valorado en, aproximadamente, 196.000 millóns de euros; dese patrimonio os empresarios galegos superan os 97.000 millóns. Por suposto, o cosmos Inditex distorsiona as estatísticas, dado que só o seu fundador, Amancio Ortega, dispón dunha fortuna persoal de 81.800 millóns de euros.