Decreto, rentismo popular e vivenda: distinguir para protexer

praza.gal, 16 febreiro 2025.

Antes de entrar no debate sobre o chamado “rentista vulnerable”, convén partir dun feito político moi concreto: a recente reforma do decreto antidesafiuzamentos. O cambio introducido polo Goberno modificou algo esencial: a protección xa non se aplica a todas as inquilinas vulnerables, senón só a aquelas cuxos propietarios teñen tres ou máis vivendas (1).

Na práctica, isto significa que unha familia en situación de vulnerabilidade pode ser desafiuzada se o seu arrendador é un pequeno propietario, mentres que a moratoria si se aplica cando o propietario é medio ou grande. É dicir, o dereito efectivo á protección pasa a depender do perfil do propietario e non só da situación da familia afectada. Ao meu ver, isto introduce unha desigualdade difícil de xustificar.

Ler máis…