Unha desclasificación parcial que chega tarde

Praza gral. 13, marzo 2026.

Nos textos e audios agora coñecidos faltan elementos básicos para poder xulgar o valor real desas probas: onde foran atopadas, quen as tivo arquivadas e, no seu caso, quen as elaborou. Calquera persoa investigadora de acontecementos históricos non ficaría totalmente satisfeita coa calidade do que agora se fixo público

O 23-F de 1981 ten sido lembrado e avaliado en moitas ocasións durante os últimos anos. Resultaba previsíbel que o momento actual requirise algo mais: 45 anos é unha cifra que xa se achega moito a unha distancia temporal simbolicamente relevante e, ademais, o contexto político estatal e internacional convidaba a fuxir, sequera parcialmente, da rutina conmemorativa. Esa foi, seguramente, a razón pola que o goberno que preside Pedro Sánchez decidiu desclasificar algúns documentos relativos a ese intento de golpe de Estado. Unha medida de alcance limitado (hipotecada, ademais, pola pendente mudanza da vella lexislación franquista sobre segredos oficiais) que supón, en todo caso, un implícito recoñecemento da demora inxustificada practicada durante tantos anos.

Ler máis…