As futbolistas rachan o teito de cristal

9939

praza.gal, 22 setembro 2023.

Cando se enumeren, no futuro, aqueles acontecementos que contribuíron a desenvolver un maior clima de conciencia e compromiso a respecto da igualdade entre homes e mulleres no seo do corpo social, citaranse, sen dúbida, os feitos sucedidos a partir da vitoria da selección española de fútbol feminino no Campionato do Mundo e o comportamento machista protagonizado polo presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Luis Rubiales.

Tense dito, en moitas ocasións, que o fútbol é o asunto mais importante das cousas menos importantes. Tratase dunha actividade deportiva que concita amplas porcentaxes de seguimento social e que alimenta procesos de identificación simbólica nos eidos cultural e político. Simultaneamente, o desenvolvemento e organización das competicións nos ámbitos nacional e/ou internacional están dominadas por prácticas pouco democráticas e tendentes á corrupción clientelar. Non se pode descoñecer que, dende hai tempo, o fútbol ten unha abafante dimensión de negocio mercantil que move grandes cantidades de diñeiro e que resulta cada vez mais vulnerábel á presión de grupos cuxos intereses non se compadecen cos valores que invocan habitualmente as institucións e os organismos presentes nese mundo.

Le máis…

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies