Continuidade ou cambio na actuación do CXPX

8110

praza.gal, 13 setembro 2024.

 

A principal novidade que se rexistra no comezo deste curso político radica na definitiva conformación dun Consello Xeral do Poder Xudicial renovado na súa composición e, singularmente, na elección dunha maxistrada como presidenta do organismo.

Agás na dereita política, mediática e xudicial, existe un diagnóstico compartido a respecto da grave anomalía antidemocrática padecida polo CXPX: foi unha estratexia política deliberada do PP a que provocou o bloqueo, dende hai mais de 5 anos, dos nomeamentos do Consello esixidos pola lexislación vixente. O motivo da negativa do principal partido da oposición semella evidente: a conservación do poder por parte do sector conservador no cumio do poder xudicial para, dese xeito, controlar os nomeamentos previstos nos tribunais, especialmente no Tribunal Supremo. Unha das probas mais contundentes da grave adulteración vivida nos últimos anos tivo lugar cando transcendeu -no mes de outubro de 2022- a inminencia dun acordo de Feijoo coa dirección socialista sobre esta cuestión: unha portada do xornal El Mundo avisando do descontento que tal pacto suscitaba no seo do PP e na dereita xudicial meteu o medo no corpo do máximo dirixente do partido e arruinou a posibilidade que se tiña aberto despois de semanas de negociacións segredas. Escarmentado polo sucedido e incapaz de facer valer o seu teórico liderado, Alberto Núñez agardou a que os resultados das urnas do mes de Xullo de 2023 lle permitisen seguir controlando o CXPX. Ante o fracaso electoral e a presión de xuíces e maxistrados que vían perigar as súas carreiras profesionais pola prolongada paralización do órgano de goberno xudicial, aceitou desbloquear a situación e permitir a formalización dun novo Consello.

Le mais…

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies