Tempos Dixital, 5 de agosto de 2026.
Nas últimas semanas estamos coñecendo diversas novas a respecto da situación en Cuba: intensificación das medidas da Administración norteamericana para impedir unha mínima normalización na dispoñibilidade dos recursos enerxéticos precisos para asegurar unhas condicións de vida dignas para a poboación da illa; adopción de medidas inéditas por parte das autoridades cubanas para tratar de reactivar a actividade económica; retirada dos investimentos de importantes grupos empresariais españois do sector turístico ante as dificultades…