Destruír Palestina: unha pretensión imposíbel

6904

praza.gal,  3 novembro 2023.

 

Os episodios rexistrados en Gaza e Cisxordania durante os últimas días revelan que a carencia dunha solución estábel e satisfactoria para Palestina é a causa última do mantemento da guerra aberta, dende hai décadas, naqueles territorios.

Hai algúns aspectos importantes que se veñen repetindo no tempo: o incumprimento por parte do Estado de Israel das resolucións mais relevantes aprobadas pola ONU (coa súa inevitábel consecuencia: a incapacidade desta institución para achegar efectivamente unha solución xusta a este vello conflito); o apoio incondicional dos gobernantes dos USA (sexan demócratas ou republicanos) ás políticas dos dirixentes israelís e, singularmente, ás accións militares que conculcan gravemente as normas do dereito internacional humanitario; a carencia dunha política firme e continuada da UE en favor dunha paz que implique o recoñecemento da existencia dun Estado Palestino digno de tal nome.

Le máis…

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies