Maior peso da ultradereita nas institucións da UE

8372

praza.gal, 21, xuño 2024.

 

Os recentes comicios ao Parlamento europeo pechan o circuíto electoral que comezou ao remate do mes de Maio de 2023 coa cita relativa aos concellos e aos Parlamentos dalgunhas CC.AA. e que transitou por diversas «estacións» relevantes (Cortes Xerais do Estado e Cámaras lexislativas de Galiza, Euskadi e Cataluña). Neste momento non sabemos se existirá unha engádega no vindeiro outono por mor dunha eventual repetición da consulta ao Parlamento catalán.

O sucedido neste 9 de Xuño admite tres dimensións analíticas en función do marco territorial que se utilice como referencia: o impacto dos resultados nos distintos Estados da UE sobre a dinámica da propia construción da alianza comunitaria; as consecuencias que se poden derivar para a situación política estatal e o alcance dos cambios rexistrados no mapa político galego.

Le máis…

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies