praza.gal, 26 de junio de 2026.
Aconteceu en 1977, en Barcelona, a primeira manifestación en defensa dos dereitos LGTB, documentada para a posteridade pola marabillosa cámara-ollo de Colita. En cabeza marchaban moitas mulleres trans, entre outras, Trini Falcés.
Nunha sociedade que comezaba saír de tempos escuros, represivos en todas as ordes da vida pero moi sinaladamente na moral e na sexualidade, aquela manifestación fixo “pum no ollo”…