praza.gal, 24 de xaneiro de 2025.
Vense utilizando, dende hai mais de 10 anos, a expresión «politización da xustiza e xudicialización da política» para describir unha das anomalías que caracteriza o funcionamento do sistema político español. Como é sabido, cando se fala da «politización da xustiza» estase aludindo ao control que pretenden exercer algúns partidos sobre o poder xudicial. E cando se fai referencia á «xudicialización da política» estase sinalando o uso reiterado das instancias xudiciais como ferramenta de resolución das controversias relevantes entre diversas formacións políticas.