praza.gal, 15 outubro 2026.
Coñecín persoalmente a Xosé Manuel Beiras no mes de Outubro de 1974,
cando entrei a formar parte do cadro docente da Facultade de Ciencias
Económicas da USC. Pero foi a partir dos primeiros meses de 1976 -poucas
semanas despois da morte de Franco- cando tiven ocasión de iniciar unha
prolongada relación política con el por mor da común participación nas xuntas
do Consello de Forzas Políticas Galegas (CFPG) onde representabamos,
respectivamente, ao PSG e ao MCG…