praza.gal, 25 agosto de 2023.
Despois de repetilo cunha teimosía digna de mellor causa, Feijoo xa ten o seu “xoguete”: grazas a unha moi discutíbel decisión do titular da Casa Real, será candidato á investidura como presidente do goberno do Estado, sabendo que non dispón dos apoios parlamentares requiridos para obter semellante obxectivo. Cando remate esta aventura, despois do 27 de Setembro, poderá acreditar a experiencia directa de comprobar a distancia entre ser a lista mais votada e acadar a condición de forza gañadora no ámbito dun sistema político como o que se contempla na actual Constitución española.