Category Archives: Xesús Veiga

Destruír Palestina: unha pretensión imposíbel

1731

praza.gal,  3 novembro 2023.   Os episodios rexistrados en Gaza e Cisxordania durante os últimas días revelan que a carencia dunha solución estábel e satisfactoria para Palestina é a causa última do mantemento da guerra aberta, dende hai décadas, naqueles territorios. Hai algúns aspectos importantes que se veñen repetindo no tempo: o incumprimento por parte […]

As futbolistas rachan o teito de cristal

8203

praza.gal, 22 setembro 2023. Cando se enumeren, no futuro, aqueles acontecementos que contribuíron a desenvolver un maior clima de conciencia e compromiso a respecto da igualdade entre homes e mulleres no seo do corpo social, citaranse, sen dúbida, os feitos sucedidos a partir da vitoria da selección española de fútbol feminino no Campionato do Mundo […]

Do fracaso seguro de Feijóo á incerteza de Sánchez

6635

praza.gal, 25 agosto de 2023. Despois de repetilo cunha teimosía digna de mellor causa, Feijoo xa ten o seu “xoguete”: grazas a unha moi discutíbel decisión do titular da Casa Real, será candidato á investidura como presidente do goberno do Estado, sabendo que non dispón dos apoios parlamentares requiridos para obter semellante obxectivo. Cando remate […]

Retorno do bipartidismo?

11175

praza.gal,  16 xuño 2023. Dende o pasado 28 de Maio, unha pantasma percorre o escenario político do Estado español: o retorno do bipartidismo. Que verosimilitude ten semellante hipótese? E, no seu caso, cal sería a dimensión real dese eventual cambio? Obviamente, teremos respostas mais concretas e definitivas o vindeiro 24 de Xullo. Poren, pódense formular […]

A resaca da pandemia

6934

Praza.gal, 10 de marzo de 2023.   Cando, no mes de marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde (OMS) certificou a existencia dunha pandemia provocada por un virus até entón descoñecido -e do que, por certo, segue sen existir un diagnóstico común suficientemente contrastado sobre a súa orixe-, produciuse unha ruptura notábel na vida […]

A chegada de Felipe González á Moncloa

9085

prazagal.es, 21 de outubro de 2022.   Instalados no ronsel da lembranza de importantes acontecementos históricos, atopámonos coa conmemoración dos 40 anos da vitoria electoral de Felipe González que propiciou a formación do primeiro goberno do PSOE despois da morte de Franco. No plano estritamente político, aquel triunfo rematou co dominio da UCD rexistrado nos […]

Luces e sombras da “nova política”

12914

praza.gal, 13 setembro 2019.   Dende o ano 2015, un novo concepto toma corpo na opinión publicada: a nova política. Esta expresión trata de identificar nominalmente ás novas formacións que xorden no escenario político estatal, tradicionalmente hexemonizado polo PSOE e polo PP. Primeiro foi Podemos co seu exitoso bautismo nos comicios ao Parlamento europeo de […]

O fracaso de dous modelos de unidade

15069

praza.gal, 4 xulio 2019.   A recente oficialización da creba operada no Grupo Parlamentar de En Marea, constitúe o certificado do punto final da experiencia unitaria iniciada no mes de Xullo de 2016 e supón o segundo gran proceso de división rexistrado, durante a presente década, no seo do universo do nacionalismo e da esquerda. […]

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies