CRTVG: a historia dunha frustración

6820

praza.gal, 12 de decembro de 2024.

 

No vindeiro 2025 cumpriranse 40 anos da creación da Radio e da TV galegas. Naquel lonxano 1985, estes medios de comunicación públicos nacían cun obxectivo básico: contribuír á normalización da lingua e da cultura dun País que viña de atravesar a longa noite da ditadura franquista.

Ademais, o nacemento da CRTVG posibilitaba a existencia dunha ferramenta pública audiovisual que debería afortalar un espazo propio de comunicación ao servizo da pluralidade da sociedade galega. Naquela altura, o reto que debía acometer esta iniciativa (cun formato xurídico de sociedade pública e cun financiamento dependente dos Orzamentos da Comunidade Autónoma) tiña unha dupla dimensión: promover e/ou difundir as producións culturais en lingua galega e actuar cuns códigos de conduta afastados do control gobernamental partidista, na liña das mellores tradicións existentes no ámbito europeo (a BBC, singularmente).

Ler máis…

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies