A verdade incómoda sobre o galego

5307

praza.gal, 25 outubro 2024.

 

A recente publicación polo IGE dos datos sobre coñecemento e uso do idioma galego no ano 2023 proporciona unha perspectiva cuantitativa de 20 anos sobre a evolución das distintas variábeis concernidas neste importante asunto e serve para constatar o notábel devalo experimentado pola lingua, especialmente nos sectores mais novos da sociedade galega.

O estudo da institución estatística oficial da Administración galega certifica a existencia dunha verdade incómoda: entre os anos 2003 e 2023 rexistrase unha dinámica lingüística desfavorábel ao galego nos segmentos poboacionais de menor idade e nos núcleos territoriais de maior densidade urbana. Constatase, pois, a consolidación dunha dualidade significativa: non hai correspondencia entre a Galiza mais conectada aos novos procesos de comunicación e produción e as porcentaxes de utilización do galego como ferramenta habitual das relacións sociais.

Ler máis…

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies