O electorado menor de 35 anos chamado a votar o 18F é a metade que nas Galegas de 2001

6105

Praza.gal, 30 de decembro de 2023.

Nas eleccións Galegas do vindeiro 18 de febreiro están chamadas a votar 2.693.624 persoas, das que 2.217.110 residen no Estado español (forman o chamado Censo Electoral de Residentes ou CER) e 476.514 no estranxeiro (e que constitúen o Censo Electoral de Residentes Ausentes ou CERA). Son os datos do censo electoral, que este venres publicou o INE na súa web

En relación ás eleccións de hai catro anos, celebradas en xullo de 2020, o censo total experimenta un leve descenso (pasa de 2.697.322 a 2.693.624 electores e electoras). Porén, mentres que o censo de residentes diminúe en 17 mil persoas (de 2.234.140 a 2.217.110), o de residentes ausentes medra en 13 mil (de 463.182 a 476.514).

Le máis…

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies