Posthumanismo e melloramento humano

15517

(Tempos novos. Revista mensual de información, nº 261, febreiro 19, pp. 64-67).

 

A busca do perfeccionamento humano é unha arela de todas as sociedades desde tempos
inmemoriais. Case ninguén, incluídas persoas claramente conservadoras, poñería en
dúbida hoxe en día esta afirmación, sempre que se trate de realizar transformacións
sociais que melloren o benestar das persoas. A cuestión, así mirada, sería determinar
cales son as transformacións pertinentes. Estariamos, pois, perante un debate sobre
cuestións eminentemente políticas.

Un cambio significativo de enfoque tivo lugar a finais do século XIX, cando Francis
Galton expuxo as súas ideas sobre a euxenesia. Esta, segundo Galton, é a “ciencia que
trata de todas as influencias que melloran as calidades innatas dunha raza; tamén trata
daquelas que a poden desenvolver até acadar a máxima superioridade”. Moi
resumidamente, Galton deulle completamente a volta aos termos da cuestión, de tal
xeito que en vez da opinión convencional segundo a cal as persoas mellorarían como
consecuencia do progreso social, sería máis ben ao contrario, é dicir, que a sociedade
progresaría como consecuencia do melloramento das persoas. E este non viría da man
do cambio social, das reformas ambientais e educacionais, senón de cambios biolóxicos
dirixidos, pois estaba convencido de que é a natureza e non a crianza a responsábel das
características individuais e sociais das persoas. En palabras do eminente xenetista e
euxenista Ronald Fisher, “o reformador social ordinario parte da crenza de que ningún
medio é o bastante bo para a humanidade; e, sen contradicir o anterior, o euxenista pode
engadir que o home xamais será demasiado bo para o seu medio”.

Leer más…

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies