Praza.gal, 10 de marzo de 2023.
Cando, no mes de marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde (OMS) certificou a existencia dunha pandemia provocada por un virus até entón descoñecido -e do que, por certo, segue sen existir un diagnóstico común suficientemente contrastado sobre a súa orixe-, produciuse unha ruptura notábel na vida social e nos códigos normativos deseñados anteriormente por todos os gobernos e organismos internacionais.