adiante.gal, outubro 2020.
“Se isto demora, a xente vai marchar para
a sanidade privada”
Que mellorou?
A tentación é dicir que nada. Mais con respecto ao inicio da pandemia, a día de hoxe
contamos con equipos de protección, acceso rápido a probas PCR e circuítos deseñados,
estamos máis adestrados e coñecemos mellor como se comporta este virus. A resposta que
se dá desde a Atención Primaria é correcta, pero escasa e insuficiente. Faltan medios… O
servizo de Atención Primaria, que estaba nun momento moi difícil, xa estaba mal antes da
pandemia, agora está peor do que estaba.