Tag Archives: Xesús Veiga

A carta de Sánchez

5637

praza.gal, 3, maio, 2024.   As motivacións invocadas na carta do presidente do goberno do Estado aluden a temáticas que levan presentes varios anos na vida política española. Por exemplo: a utilización deliberada de informacións falsas sobre persoas, entidades cívicas e organizacións políticas por parte dalgúns medios de comunicación que se moven na esfera da dereita […]

Un punto de inflexión no tratamento da corrupción?

6480

Praza.gal, 11 de marzo 2024. O chamado «caso Koldo» colocou a temática da corrupción, mais unha vez, no centro da atención pública. Poren, nesta ocasión, apareceron dúas novidades relevantes a respecto do que viña sendo habitual nos episodios anteriores: un xeito diferente de entender as denominadas responsabilidades políticas e o marco singular (a pandemia da COVID […]

Continuidade e cambios no 18-F

6472

praza.gal, venres 23, febreiro 2024.   Coñecidos os resultados das eleccións do 18-F, non tivemos que asistir á confusa e interesada polémica que suscitou Feijoo e a dereita mediática despois do 23 de Xullo do ano pasado a respecto de quen gañara aqueles os comicios. Neste caso, non houbo marxe para as falacias argumentais: a […]

A memoria do Prestige aparece na campaña

8108

praza.gal, 19 de xaneiro de 2024.   É ben coñecida a frase de Carlos Marx contida no inicio da obra «O 18 Brumario de Luis Bonaparte»: «A historia ocorre dúas veces: a primeira vez como unha grande traxedia e a segunda como unha miserábel farsa». Aludir a esta advertencia marxiana ten sentido cando observamos o sucedido […]

Podemos: dez anos de luces e sombras

7620

praza.gal, 17 de decembro de 2023. O recente abandono das 5 deputadas e deputados de Podemos do Grupo Parlamentar de Sumar e a súa integración no Grupo Mixto no Congreso escenifica, definitivamente, unha ruptura que se viña madurando durante os últimos meses. Cando Podemos apareceu no panorama político estatal (concretamente, nas eleccións ao Parlamento europeo […]

Destruír Palestina: unha pretensión imposíbel

7149

praza.gal,  3 novembro 2023.   Os episodios rexistrados en Gaza e Cisxordania durante os últimas días revelan que a carencia dunha solución estábel e satisfactoria para Palestina é a causa última do mantemento da guerra aberta, dende hai décadas, naqueles territorios. Hai algúns aspectos importantes que se veñen repetindo no tempo: o incumprimento por parte […]

As futbolistas rachan o teito de cristal

10182

praza.gal, 22 setembro 2023. Cando se enumeren, no futuro, aqueles acontecementos que contribuíron a desenvolver un maior clima de conciencia e compromiso a respecto da igualdade entre homes e mulleres no seo do corpo social, citaranse, sen dúbida, os feitos sucedidos a partir da vitoria da selección española de fútbol feminino no Campionato do Mundo […]

Do fracaso seguro de Feijóo á incerteza de Sánchez

8383

praza.gal, 25 agosto de 2023. Despois de repetilo cunha teimosía digna de mellor causa, Feijoo xa ten o seu «xoguete»: grazas a unha moi discutíbel decisión do titular da Casa Real, será candidato á investidura como presidente do goberno do Estado, sabendo que non dispón dos apoios parlamentares requiridos para obter semellante obxectivo. Cando remate […]

Retorno do bipartidismo?

13121

praza.gal,  16 xuño 2023. Dende o pasado 28 de Maio, unha pantasma percorre o escenario político do Estado español: o retorno do bipartidismo. Que verosimilitude ten semellante hipótese? E, no seu caso, cal sería a dimensión real dese eventual cambio? Obviamente, teremos respostas mais concretas e definitivas o vindeiro 24 de Xullo. Poren, pódense formular […]

A resaca da pandemia

8794

Praza.gal, 10 de marzo de 2023.   Cando, no mes de marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde (OMS) certificou a existencia dunha pandemia provocada por un virus até entón descoñecido -e do que, por certo, segue sen existir un diagnóstico común suficientemente contrastado sobre a súa orixe-, produciuse unha ruptura notábel na vida […]